Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2003 polo que se notifica a providencia de arquivo de actuacións da reclamación económico-administrativa 1797-P 01/1.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria da providencia de arquivo de actuacións da reclamación económico administrativas nº 1797-P 01/1 interposta por Canelas Hidrocarburos Lubricantes, S.L. (domicilio notificacións: r/ Panadeira, 5 36960 Sanxenxo, Pontevedra), publícase, de acordo co artigo 86 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico administrativas, que a reclamación económico administrativa de referencia foi arquivada por providencia de data 20-5-2002.

Esta providencia estará á disposición do interesado nas dependencias da secretaría deste tribunal situadas na Consellería de Economía e Facenda (1º andar, Dirección Xeral de Tributos). Contra ela o interesado poderá promover cuestión incidental, ante este tribunal, no prazo de oito días, contados desde o día seguinte ó desta notificación, de conformidade co artigo 113 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do tribunal