Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2003 polo que se notifica a resolución da reclamación económico-administrativa 2279-C 02/1.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria da resolución correspondente á reclamación económico administrativa nº 2279-C 02/1 interposta por Sergio Fabián Rodríguez Cichinelli en representación de Estela Fabiana Guevara de Rodríguez (domicilio notificacións: rúa Río Miño, 6-1 15142 Arteixo, A Coruña), publícase de acordo co artigo 86 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico administrativas, que a reclamación económico administrativa de referencia foi desestimada por resolución de data 16-10-2002.

A resolución estará á disposición do interesado nas dependencias da secretaría deste tribunal situadas na Consellería de Economía e Facenda (1º andar, Dirección Xeral de Tributos).

Esta resolución esgota a vía económico administrativa e contra ela o interesado poderá interpor recurso ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a esta notificación.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do tribunal