Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2003 polo que se notifica o requerimento de emenda de defectos na reclamación económico-administrativa 2431-O 02/6.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria do requirimento de emenda de defectos no escrito de interposición da reclamación económico administrativa nº 2431-O 02/6 interposta por Tibbet and Britten España, S.L. (domicilio notificacións: Avda. de Castilla, 1 San Fernando de Henares 28830 Madrid), publícase, de acordo co artigo 86 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico administrativas, que o interesado ten un prazo de dez días, contados desde esta notificación, para emenda-los defectos de representación na súa reclamación, de acordo co artigo 33 do Real decreto 391/1996; de non facelo así, a súa reclamación será arquivada.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do tribunal