Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para o servicio de limpeza do Hospital Abente y Lago. (C. 119/2003).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta semisoto do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de servicios-plurianual.

3. a) Lugar de entrega:

b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): Servicio de limpeza do Hospital Abente y Lago. C. 119/2003.

Orzamento total: 1.300.000 A.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: non existen lotes.

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, (planta semisoto do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde ás 9 as 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

b) Data límite para efectuar dita solicitude:

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 26 de febreiro de 2003.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego oy castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta soto do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte. 10 de marzo de 2003.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de licitación. Definitiva do 4% do importe de adxudicación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria, da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 28-11-2002.

17. Data de envío do anuncio: 20 de xaneiro de 2003.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 15 de xaneiro de 2003.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza

da Coruña

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE

AUTÓNOMA DE GALICIA