Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia un concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a contratación, polo Servicio Galego de Saúde, do arrendamento dun sistema de almacenamento e copia de seguridade dos datos dos sistemas de Data Warehouse, Telemedicina, SIGAP e bases de datos centralizadas para o Servicio Galego de Saúde (S/11-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número dos expedientes: S/11-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: arrendamento dun sistema de almacenamento e copia de seguridade dos datos dos sistemas de Data Warehouse, Telemedicina, SIGAP e bases de datos centralizadas para o Servicio Galego de Saúde.

b) Número de unidades para entregar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de entrega: 30 días desde a solicitude do equipamento por parte do servicio de informática.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: anticipada do expediente de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: novecentos trinta e seis mil oitocentos dezaseis euros ( 936.816 A).

5. Garantía provisional: equivalente ó 2% do importe de licitación de dezaoito mil setecentos trinta e seis con trinta e dous euros (18.736,32 A).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio Galego de Saúde.

b) Domicilio: edf. adtvo. San Lázaro s/n 2ª plta.

c) Localidade e código postal: 15871 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 36 18.

e) Telefax: 981 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 28-2-2003.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 7-3-2003.

b) Documentación para presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicio Galego de Saúde (ver punto 6).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contando desde a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: ás 9 horas AM na sala 2.1 do edificio administrativo de San Lázaro (ver punto 6) 14-3-2003.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo destes gastos ascende a tres mil cincocentos euros (3.500 A).

12. Data de envío do anuncio ó DOCE: 15-1-2003.

13. Página web onde obter información relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2003.

P.D. (Decreto 45/2002, do 8 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos