O director xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:
1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta semisoto do hotel de pacentes (anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.
2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.
b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de servicios-plurianual.
3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.
b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): Servicio de transporte de obxectos e mercadorías C. 108/2003.
Orzamento total: 498.389,28 A.
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: non existen lotes.
4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.
5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, (planta semisoto do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do sergas: http://www.sergas.es.
b) Data límite para efectua-la dita solicitude:
c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.
6. a) Data límite de recepción das propostas: 26 de febreiro de 2003.
b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.
c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.
7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta soto do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte. 10 de marzo de 2003.
8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de licitación. Definitiva do 4% do importe de adxudicación.
9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: Aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal das empresas.
11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo proveedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.
13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.
15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.
16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 28-11-2002.
17. Data de envío do anuncio: 20 de xaneiro de 2003.
18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).
A Coruña, 10 de xaneiro de 2003.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza
da Coruña