Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada presentado contra o acordo de concetración parcelaria da zona de Torneiros (Pol, Lugo), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícase á interesada que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por María Dilia Casal Sanjurjo contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Torneiros (Pol, Lugo).

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinataria: Purificación Val Vila.

Domicilio: O Vilar-Pousada, A Pastoriza (Lugo).

Texto: «estima-lo recurso de alzada interposto por María Dilia Casal Sanjurjo (prop. nº 19), contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Torneiros (Pol, Lugo), no sentido de:

I. Detraer 1.500 m do seu predio nº 345 do polígono 3, que queda con 36.975 m e 961.025 puntos, incrementando, pola súa vez, a superficie do seu predio nº 129 -con 400 m de S-2-, que pasa a ter 15.500 m e 1.278.950 puntos (a custa do predio nº 122, propiedade do seu cónxuxe José Ramón Ferreiros González, prop. nº 82).

II. Detraer 550 m do predio nº 122 do polígono 1 (de José Ramón Ferreiros González, prop. nº 82), que queda con 47.450 m e 3.785.200 puntos, e incrementar en 1.085 m o seu predio nº 288 do polígono 3, que pasa a ter 38.885 m e 1.085.725 puntos, quedando perfectamente centrado e compensado.

III. Modifica-la posición relativa das lindes dos predios nº 286 (masa común), 287 e 288, sen que o predio nº 287 (de Purificación Val Vila, prop. nº 189) varíe o seu valor e superficie.

A presente resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que estimen pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente».