Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución da modificación do aproveitamento hidroeléctrico no río Verdugo, C.H. Feixa II, promovida pola empresa Hidrofreixa, S.L., no termo municipal de Ponte Caldelas (Pontevedra).

Visto o escrito presentado pola sociedade Hidrofreixa, S.L., con CIF nº B-36.010.593 e con enderezo para efectos de notificacións en rúa Uruguai nº 8, 6ª planta, oficinas 1ª-3ª, 36201-Vigo, no que solicitaba autorización administrativa e aprobación do proxecto hidroeléctrico arriba epigrafado, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante dúas resolucións do 22 de marzo de 1990 autorizáronse e aprobáronse as instalacións electromecánicas do aproveitamento hidroeléctrico no río Verdugo, C.H. Feixa II, promovido pola empresa Hidroeléctrica da Freixa, S.L. (Hidrofreixa, S.L.).

Segundo.-O 28 de xaneiro de 2002, a empresa Hidrofreixa, S.L. solicitou unha modificación do aproveitamento hidroeléctrico denominado Feixa II, consistente na ampliación do caudal concesional en 4,11 m/s, que cos 4 m/s xa concedidos supoñería un novo caudal concesional de 8,11 m/s, mantendo invariables o resto das características esenciais da concesión e sen producir novas afeccións a terceiros. Como consecuencia da anterior solicitude de modificación, abriuse o trámite de competencia de proxectos, mediante o anuncio correspondente publicado no BOP da provincia de Pontevedra do 6 de marzo de 2002, presentándose, durante o período establecido para o efecto, unha única petición subscrita pola empresa promotora Hidrofreixa, S.L.

Terceiro.-Como o novo proxecto presentado non causa novas afeccións a terceiros, a parte técnica da modificación non foi sometida ó trámite de información pública por parte de Augas de Galicia aínda que, unha vez cualificado pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental como sometido a avaliación de efectos ambientais, se someteu a información pública o estudio de efectos ambientais do modificado por Resolución do 25 de xuño de 2002, publicado no DOG do 9 de xullo de 2002.

Durante o período de información pública non se recibiron alegacións.

Cuarto.-A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formulou, o 29 de agosto de 2002, a preceptiva declaración de efectos ambientais do proxecto «Modificación do aproveitamento hidroeléctrico no Río Verdugo, C.H. Feixa II, termo municipal de Ponte Cal

delas (Pontevedra)», na que se sinalaba a viabilidade da devandita modificación, sempre e cando se cumpran cunha serie de condicionamentos.

Quinto.-O 20 novembro de 2002, o presidente de Augas de Galicia resolve aprobar, a favor de Hidrofreixa, S.L., para os efectos hidráulicos e sen prexuízo doutros permisos e autorizacións necesarias, a modificación do aproveitamento hidroeléctrico Feixa II, no concello de Ponte Caldelas, consistente en detraer un caudal total de 8,11 m/s de augas do río Verdugo, para unha potencia total de 9.950 kW e un salto bruto de 151,1 m, establecendo, na mesma resolución, as condicións de obrigado cumprimento para o promotor.

Sexto.-Mediante escrito, con data de entrada na Delegación da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra do 3 de maio de 2002, Armando García González, no nome da sociedade Hidrofreixa, S.L., solicitou a autorización das instalacións electromecánicas e aprobación do proxecto de execución do modificado do aproveitamento hidroeléctrico no río Verdugo, central hidroeléctrica Feixa II, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Sétimo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra someteu o proxecto anterior ó trámite de información pública mediante Resolución do 21 de maio de 2002, publicada no DOG e no BOP da provincia de Pontevedra do 9 de xullo de 2002 respectivamente.

Durante o período no que se someteu a trámite de información pública non se recibiron alegacións.

Oitavo.-As instalacións electromecánicas de modificación do aproveitamento hidroeléctrico do río Verdugo, central hidroeléctrica Feixa II, segundo o seu proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial José Luis Bernal Polo, colexiado número 1.431, e visado polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Galicia, teñen as seguintes características:

-Azude de gravidade, con vertedoiro sen control e perfil Creager.

-Caudal máximo derivado: 8,11 m/s ( 3,51 m/s que se sumarán ós 4,60 m/s xa concedidos).

-Canle de derivación de 1.900 m de lonxitude de perfil trapezoidal que rematará na cámara de carga.

-Cota da superficie do auga na cámara de carga: 271,85 m.

-Cota de coroación do aliviadoiro de desaugue das turbinas: 122,85 m.

-Salto neto, para o caudal de equipamento, para os dous grupos xa existentes: 148,78 m.

-Salto neto para o novo caudal de equipamento: 148,50 m.

-Entubado forzado de 340 m de lonxitude que salva un desnivel do 145 m que remata nunha trifurcación para a alimentación dos tres grupos.

-Unha turbina tipo Francis de eixo horizontal para 3,51 m/s, un rendemento do 91,7%, 750 r.p.m. de velocidade de xiro e unha potencia activa de 4.690 kW. Esta turbina acompañará as outras dúas, tamén de tipo Francis de eixe horizontal, xa existentes, que traballan, cada unha de elas, cun caudal de 2,30 m/s, un rendemento do 86% e unha potencia activa de 2.904 kW.

-Un xerador síncrono de 4 pares de polos, 750 r.p.m. de velocidade de sincronismo, 4.550 kW de potencia activa, un factor de potencia do 0,99, 50 Hz de frecuencia, un rendemento do 97% e unha tensión de xeración de 6 kV. Igual que a turbina anterior, este xerador complementará os outros dous existentes, os cales posúen, cada un deles, unha potencia activa de 2.700 kW, un factor de potencia de 0,99, 1.000 r.p.m. de velocidade de sincronismo, un rendemento do 93% e a mesma tensión de xeración, polo que a potencia activa total do aproveitamento será de 9.950 kW.

-Un transformador trifásico de 6 MVA, que se unirá ós dous existentes (xemelgos) de 4 MVA cada un, cunha relación de transformación de 6.000 V/15-20 kV e unha frecuencia de 50 Hz.

-Un transformador trifásico de servicios auxiliares de 50 kVA de potencia nominal, cunha tensión no secundario de 380/220 V, refrixeración natural e 50 Hz de frecuencia.

-A evacuación de enerxía do modificado realizarase a través da liña aérea de dobre circuíto a 20 kV e de 2.788 m de lonxitude, pertencente a Hidrofreixa, S.L., que une a central hidroeléctrica de Feixa II coa subestación de Taboadelo, pertencente a Unión Fenosa Distribución, S.A. Esta liña é a que actualmente utiliza o aproveitamento hidroeléctrico que nos ocupa para evacua-la súa producción.

-Producción media anual estimada: 32,83 GWh.

-Instalacións de protección, manobra, mando, sinalización, medida e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

-Orzamento de execución por contrata: 532.988,27 euros.

Noveno.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, e o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica

da Xunta de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, xa dito.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autoriza-las instalacións electromecánicas e aproba-lo proxecto de execución do modificado do aproveitamento hidroeléctrico do río Verdugo, central hidroeléctrica Feixa II, no termo municipal de Ponte Caldelas, Pontevedra.

Queda obrigada a empresa titular da instalación a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade e medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía

e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL