Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado 372/02-LO, interposto por Manuel Filgueira Capelo e outra; contra Resolución do 22 de outubro de 2002 do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra, no expediente sancionador 41/2001.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo maxistrado-xuíz do Xulgado Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra, en relación co procedemento abreviado nº 372/02-LO, interposto por Manuel Filgueira Capelo e outra; contra Resolución do 22-10-2002 do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra, no expediente sancionador nº 41/2001, esta secretaría resolveu ordena-la remisión do correspondente expediente ó Xulgado Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra.

O que se notifica emprazando Luciano González Valeiras e Ramón Pichel López para que poidan comparecer en forma nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de febrero de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivienda