Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.547

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (628/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico:

Que neste xulgado se seguen autos número 628/2002 sobre despedimento, nos que se dictou auto de aclaración de sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva: hai lugar á aclaración solicitada e, en consecuencia, a parte dispositiva do teor literal seguinte:

Fallo que, estimando a demanda promovida por María del Carmen Freijomil Iglesias contra a empre

sa Estefanía López Vázquez, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandada na data 15-7-2002, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ó aboamento da cantidade de 528,56 euros en concepto de indemnización e o aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a readmisión, no caso de que opte por esta última.

Así, por esta sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados do seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anunciarlo o recorrente, se e empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o comprobante de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito, non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o comprobante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo do recurso de suplicación contra a sentencia definitiva, que poderá anunciarse dentro dos 5 días seguintes á notificación deste auto, perante este xulgado, do que se coñecerá o caso na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establecen os artigos 188 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así, por este auto, o dispoño, mando e asino.

Rubricado.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Estefanía López Vázquez, expido e asino a presente cédula na Coruña.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA