Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada PO-261, treito: Covelo-Maceira, clave: PO/99/21.1, termo municipal de Covelo.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras para realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 12 de febreiro de 2002, procédese a aprobación do proxecto de trazado das obras: acondicionamento da estrada PO-261, treito: Covelo-Maceira. Clave: PO/99/21.1, termo municipal de Covelo polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 11 de abril de 2002 a Xunta de Galicia, procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 155/2002, publicado no DOG nº 84, con data do 2 de maio de 2002.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consieran necesario.

* Casa do Concello de Covelo.

Día: 3 de marzo de 2003.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

De: Abollo Bermúdez, Isabel a Fernández Rivera, Asunción.

Día: 4 de marzo de 2003.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

De: Fernández Rivera, José Benito a Lemos Domínguez, Jesús Urbano.

Día: 5 de marzo de 2003.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

De: Lemos González, Claudio a Rodríguez Fernandez, Manuela.

Día: 6 de marzo de 2003.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

De: Rodríguez Fornos, Josefa a Vieira Gargamala, Dorinda.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de Covelo e no Servicio Provincial de Estradas (Rúa Said Armesto nº 1, 1ª planta) 36071 Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último

recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas en Pontevedra, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2003.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas

de Pontevedra