Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.546

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (359/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 359/2002, por instancia de Juan Carlos Gómez Botana contra Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L. sobre cantidade, nos que recaeu sentencia que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Juan Carlos Gómez Botana contra Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ó demandante a cantidade de 2.392,48 euros, por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsibilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, coa clave 65, entregándose o xustificante na

secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituirse este depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña a 8 de xaneiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado