Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.546

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (213/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 213/2002 por instancia de Edison Fabricio Alarcón Hermida e outros contra Promogás 2010, S.L. e outros, sobre despedimento, nos que se dictou auto de aclaración de sentencia en data 18-12-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Razoamentos xurídicos: único: non procede aclara-lo auto impugnado na data 12-11-2002 por canto as alegacións dos demandantes xa se tiveron en conta ó dicta-la mencionada resolución contra a que agora se recorre e, en consecuencia, se mantén en tódolos seus extremos.

Vistos os artigos citados e demais de aplicación, decido que non procede aclara-lo auto impugnado. Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo do recurso de suplicación contra a sentencia definitiva, que se poderá anunciar dentro dos 5 días seguintes á notificación deste auto, perante este xulgado, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establecen os arts. 188 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así, por esta sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Indigás, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o dezaoito de decembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado