Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.510

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 13 de xaneiro de 2003 pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Economía e Facenda.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, así como toda modalidade de uso posterior deles polos sectores público e privado. O obxecto desta regulación é garantir e protexe-los dereitos fundamentais e as liberdades públicas das persoas físicas e, especialmente, a súa honra e intimidade persoal e familiar.

O artigo 20.1º da devandita lei dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente e sinala, así mesmo, os datos que deberán incluírse nas disposicións de creación ou de modificación dos ficheiros.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 7/2002, do 27 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto a creación dos ficheiros automatizados de datos de carácter persoal que se relacionan no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Economía e Facenda e regulados nesta orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

Para a cesión de datos ás administracións públicas haberá que aterse ó disposto na normativa vixente na materia.

Artigo 5º.-Órgano responsable da seguridade dos ficheiros.

Serán responsables da seguridade dos ficheiros os órganos que, en cada caso, figuran no anexo e ante os que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 26 de xullo de 1994, pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Economía e Facenda.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2003.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

-Nome: Xestión do persoal da Consellería de Economía e Facenda.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestión administrativa do persoal que presta servicio nas dependencias dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Economía e Facenda e do Instituto Galego de Estatística (excluído o persoal dos entes de dereito público e das sociedades públicas adscritos á consellería).

b) Persoas e/ou colectivos afectados: persoal con vinculación profesional, administrativa ou laboral, coa Consellería de Economía e Facenda, segundo o indicado no punto anterior.

c) Procedemento de recollida de datos: a través da consignación dos datos nos impresos e formularios oficiais en soporte papel.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos. Datos de carácter identificativo: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono, número da Seguridade Social e número de rexistro persoal. Datos de características persoais: data de nacemento, lugar de nacemento e sexo. Datos académicos e profesionais: formación e titulacións académicas, diplomas e cursos. Datos relativos ó emprego e carreira administrativa: postos de traballo, corpo/escala/especialidade, grupo/categoría profesional, situación administrativa, clase de persoal, datos orzamentarios do posto de traballo, permisos, incapacidade temporal, datos das retribucións, permisos sindicais, historial de traballo, trienios e grao persoal.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo no edificio administrativo San Caetano, bloque 3, baixo, s/n; 15781-Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Xestión de anticipos do persoal da Xunta de Galicia.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestión de anticipos do persoal funcionario, laboral e eventual que presta servicio nas dependencias dos servicios centrais e periféricos da Xunta de Galicia.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: persoal con vinculación profesional, administrativa ou laboral coa Xunta de Galicia.

c) Procedemento de recollida de datos: a través da consignación dos datos nos impresos e formularios oficiais en soporte papel.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos. Datos de carácter identificativo: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono. Datos profesionais: posto de traballo. Datos bancarios. Datos do anticipo.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo no edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 3, baixo; 15781-Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Ficheiro automatizado do rexistro de diplomas de mediadores de seguros titulados.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: servir de soporte para o exercicio da competencia da Consellería de Economía e Facenda en materia de mediación en seguros privados.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: os mediadores de seguros titulados.

c) Procedemento de recollida de datos: a través dos datos subministrados nos expedientes de solicitude de expedición de diplomas.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: número e forma de obtención do diploma, nome, apelidos, DNI e enderezo.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo no edificio administrativo San Caetano, bloque 3, baixo, s/n; 15781-Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Ficheiro automatizado de socios de sociedades de corredoría de seguros.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: servir de soporte para o exercicio da competencia da Con

sellería de Economía e Facenda en materia de mediación en seguros privados.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: os socios de sociedades de corredorías de seguros.

c) Procedemento de recollida de datos: a través dos datos subministrados nos expedientes de solicitude de autorización para exerce-la actividade de corredoría de seguros e a súa actualización.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: nome, apelidos, DNI, enderezo, nacionalidade, profesión, nomeamento, cesamento, importe e porcentaxe de participación.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo no edificio administrativo San Caetano, bloque 3, baixo, s/n; 15781-Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Ficheiro automatizado de altos cargos de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: servir de soporte para o exercicio da competencia da Consellería de Economía e Facenda en materia de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: os altos cargos das mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social que teñan o seu domicilio social e ámbito de operacións no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Procedemento de recollida de datos: a través dos datos subministrados nos expedientes de solicitude de autorización para exerce-la actividade e a súa actualización.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: nome e apelidos, DNI, cargo, data de nomeamento, data de cesamento.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo no edificio administrativo San Caetano, bloque 3, baixo, s/n; 15781-Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Ficheiro automatizado de pagos a terceiros do IGE.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: a xestión de pagamentos a terceiros.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: as persoas e empresas en concepto de acredores orzamentarios e non orzamentarios.

c) Procedemento de recollida de datos: a través da consignación dos datos nos impresos oficiais en soporte papel.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos. Datos do acredor: nome, apelidos, NIF ou CIF, domicilio postal, teléfono e datos identificativos de conta bancaria. Datos do representante: nome, apelidos e NIF.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Instituto Galego de Estatística (IGE).

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo en complexo administrativo de San Lázaro, San Lázaro s/n; 15706-Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Ficheiro automatizado de xestión do persoal do IGE.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: a xestión administrativa do persoal.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: persoal ó servicio do Instituto Galego de Estatística (IGE), xa sexa funcionario, eventual, interino ou laboral.

c) Procedemento de recollida de datos: a través da consignación dos datos nos impresos e formularios que forman o expediente persoal.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos. Datos de carácter identificativo: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono, número da Seguridade Social, libro de familia. Características persoais: data de nacemento, lugar de nacemento, sexo. Datos académicos e profesionais: formación e titulacións académicas, diplomas e cursos. Datos administrativos: postos de traballo, corpo/escala/especialidade, grupo/categoría profesional, situación administrativa, clase de persoal, datos de retribucións, permisos/licencias, incapacidade temporal, permisos sindicais, historial de traballo, reclamacións/recursos, compatibilidades, trienios e grao persoal/antigüidade.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Instituto Galego de Estatística (IGE).

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo no complexo administrativo de San Lázaro, San Lázaro, s/n; 15706-Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Ficheiro automatizado de control de accesos ó IGE.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: o control de presencia, de horarios e de acceso ás dependencias do Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Persoas e/ou colectivos afectados: o persoal do Instituto Galego de Estatística e os visitantes.

c) Procedemento de recollida de datos: a través do sistema informatizado de control de accesos e mediante a consignación dos datos dos visitantes nun formulario.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: nomes e DNI, horarios de entradas e saídas do edificio e número de tarxeta. Cando se trata de visitantes existe un impreso que recolle: hora de entrada, nome e apelidos, DNI, número de tarxeta, empresa, motivo da visita e hora de saída.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Instituto Galego de Estatística (IGE).

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo no complexo administrativo de San Lázaro, San Lázaro, s/n; 15706-Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Ficheiro automatizado de difusión.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: a xestión das relacións de difusión e información estatística do Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Persoas e/ou colectivos afectados: os solicitantes ou destinatarios de información ou difusión estatística e os consultantes da biblioteca.

c) Procedemento de recollida de datos: a través de directorios ou listaxes de enderezos, escritos de solicitude de información e fichas de préstamos e carnés de biblioteca.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos da distribución, base de datos de préstamos e arquivo de entradas e saídas.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: nome completo, NIF, organismo, teléfono, enderezo postal e enderezo electrónico, liquidacións de prezos públicos e privados.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Instituto Galego de Estatística (IGE).

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo en complexo administrativo de San Lázaro, San Lázaro, s/n; 15706-Santiago de Compostela

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Ficheiro automatizado de arrendadores da Xunta de Galicia.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: facilita-la tramitación dos expedientes de pagamento das rendas e demais cantidades por conceptos derivados dos contratos de alugamento de locais que serven de sede ás dependencias dos órganos das distintas consellerías da Xunta de Galicia.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: as persoas físicas ou xurídicas que en virtude do contrato de alugamento de locais teñan a calidade de arrendador.

c) Procedemento de recollida de datos: a través da consignación dos datos no contrato de alugamento e da solicitude de certificación bancaria da conta.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: nome e apelidos/denominación social, NIF/CIF, código, domicilio, localidade, concello, código postal, provincia, teléfono, fax, e-mail, datos bancarios.

e) Cesións de datos previstas: ás entidades bancarias designadas polos arrendadores para o pagamento das rendas.

f) Órgano responsable do ficheiro: Subdirección Xeral do Patrimonio - Servicio de Administración e Xestión Patrimonial.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo en centro comercial Área Central, Rúa Varsovia, 4º C, 1ª planta; 15707-Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Rexistro de altos cargos das caixas de aforros galegas.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: rexistro das persoas que prestan cargos de administración e dirección nas caixas de aforro galegas, coa finalidade de controla-lo cumprimento do réxime de incompatibilidades, as limitacións temporais no exercicio do cargo e a anotación, cando proceda, das sancións que lles sexan impostas pola comisión de infraccións administrativas.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: persoas con cargos de dirección e administración nas caixas de aforro galegas.

c) Procedemento de recollida de datos: a través das declaracións e formularios en soporte papel remitidos polas entidades afectadas.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: nome, apelidos, DNI, enderezo, lugar e data de nacemento, estado civil, datos identificativos dos cónxuxes, pais e fillos, profesión, cargo ocupado no órgano de goberno correspondente, participacións en sociedades e desempeño de cargos de administración e dirección nelas e inscrición das sancións que foran impostas.

e) Cesións de datos previstas: ó Banco de España.

f) Órgano responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro. A responsabilidade da seguridade corresponde ó Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo en edificio administrativo San Caetano, bloque 3, baixo, 15781-Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

-Nome: Rexistro de reclamacións de clientes de caixas de aforros.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: constancia das queixas e reclamacións presentadas, con indicación da caixa de aforros e do cliente afectado, e seguimento administrativo delas nos termos establecidos no artigo 3 do Decreto 270/1998, polo que se desenvolve a organización e funcionamento da Oficina de Reclamacións de Clientes das caixas de aforros.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: reclamantes, ante a Oficina de Reclamacións, contra actuacións de caixas de aforros operantes en Galicia.

c) Procedemento de recollida de datos: a través dos datos achegados polos interesados no escrito de reclamación.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: nome, apelidos, DNI, enderezo do interesado, e, se é o caso, da persoa que o represente.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo no edificio administrativo San Caetano, bloque 3, baixo; 15781-Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Ficheiro automatizado do rexistro de corredores de seguros.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: servir de soporte para o exercicio da competencia da Consellería de Economía e Facenda en materia de mediación en seguros privados.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: os corredores de seguros.

c) Procedemento de recollida de datos: a través dos datos subministrados polas persoas físicas nos expedientes de solicitude de autorización para exerce-la actividade de corredor de seguros.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono, fax, clave de autorización, data de autorización, revogación, suspensións, inhabilitacións e sancións. Seguro RC: importe, entidade, data de inicio, data de vencemento e franquía.

e) Cesións de datos previstas: a través da Internet, mediante a publicación na páxina web da Xunta de Galicia, dos seguintes datos: nome e apelidos, clave de autorización, enderezo, teléfono e fax.

f) Órgano responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro. A responsabilidade da seguridade corresponde ó Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo no edificio administrativo San Caetano, bloque 3, baixo, s/n; 15781-Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

-Nome: Ficheiro automatizado do rexistro de sociedades de corredoría de seguros e os seus altos cargos.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: servir de soporte para o exercicio da competencia da Consellería de Economía e Facenda en materia de mediación en seguros privados.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: altos cargos de sociedades de corredoría de seguros.

c) Procedemento de recollida de datos: a través dos datos subministrados nos expedientes de solicitude de autorización para exerce-la actividade de corredoría de seguros e a súa actualización.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: nome, apelidos, DNI, enderezo, nacionalidade, profesión, cargo, nomeamento, cesamento, suspensións, inhabilitacións e sancións.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro. A responsabilidade da seguridade corresponde ó Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo no edificio administrativo San Caetano, bloque 3, baixo, s/n; 15781-Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel medio

-Nome: Xestión do persoal do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e contable.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestión administrativa do persoal que presta servicio nas dependencias dos servicios centrais e periféricos do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Persoas e/ou colectivos afectados: persoal con vinculación administrativa ou laboral co Cixtec, segundo o indicado no punto anterior.

c) Procedemento de recollida de datos: a través da consignación dos datos nos impresos e formularios oficiais en soporte papel.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos. Datos de carácter identificativo: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono, número da Seguridade Social e número de rexistro persoal. Datos de características persoais: data de nacemento, lugar de nacemento e sexo. Datos relativos ó emprego e á carreira administrativa: postos de traballo, corpo/escala/especialidade, grupo/categoría profesional, situación administrativa, clase de persoal, datos orzamentarios do posto de traballo, permisos, incapacidade temporal, datos das retribucións, permisos sindicais, historial de traballo, trienios e grao persoal.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Secretaría Xeral do Cixtec.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo na rúa Domingo Fontán, 9 - 15702 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Xestión de anticipos do persoal do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestión de anticipos do persoal funcionario e laboral que presta servicio nas dependencias dos servicios centrais e periféricos do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Persoas e/ou colectivos afectados: persoal con vinculación profesional, administrativa ou laboral, co Cixtec.

c) Procedemento de recollida de datos: a través da consignación dos datos nos impresos e formularios oficiais en soporte papel.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos. Datos de carácter indentificativo: nome, apelidos, DNI, enderezo e teléfono. Datos profesionais: posto de traballo. Datos bancarios. Datos do anticipo.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Secretaría Xeral do Cixtec.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo na rúa Domingo Fontán, 9 - 15702 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Xestión de nómina e Seguridade Social.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: cálculo mensual dos haberes de nómina, das cotizacións á Seguridade Social ou a mutualidades de funcionarios e descontos do IRPF. Consultas á base de datos.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: funcionarios, persoal interino e persoal laboral que prestan servicio nas distintas consellerías e organismos autónomos da Xunta de Galicia e traballadores por conta allea e autónomos que prestan servicios docentes nos centros de ensinanza privados total ou parcialmente subvencionados pola Consellería de Educación.

c) Procedemento de recollida de datos: envío ó Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) desde as distintas habilitacións e intervencións delegadas mediante ficheiros con partes mecanizados.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: nome, apelidos, NIF, domicilio, data de nacemento, data de alta en nómina, data de ingreso na Administración, conta bancaria de aboamento, número de afiliación á Seguridade Social, código de contrato, epígrafe de accidentes, grupo de tarifa, centro de traballo, datos para o cálculo do IRPF (situación familiar, NIF cónxuxe, número de fillos e ascendentes, grao de minusvalía, pensión compensatoria, etc.) e retribucións que se van percibir, incluíndo posibles retencións xudiciais.

e) Cesións de datos previstas: ás habilitacións de nómina, ás intervencións delegadas, á Intervención Xeral e ás secretarías xerais.

Á Axencia Estatal da Administración Tributaria: envío anual do modelo 190.

Á Tesourería Xeral da Seguridade Social: envío mensual das cotizacións de traballadores e empresa.

Á Muface: envío mensual de datos dos cotizantes.

Á entidades financeiras: nome, apelidos, NIF, conta bancaria e importes da transferencia.

f) Órgano responsable do ficheiro: Cixtec.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo na rúa Domingo Fontán, 9 - 15702 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel alto.

-Nome: Sistema de información presupostaria e contable da Xunta de Galicia (XUMCO2).

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: elaboración do orzamento anual da Comunidade Autónoma de Galicia, xestión informática da contabilidade e elaboración das transferencias bancarias.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: persoas físicas e xurídicas ás que se realizan transferencias ou que efectúan ingresos na Tesourería da Xunta de Galicia.

c) Procedemento de recollida de datos: a través da consignación dos datos nos documentos contables.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos. Datos de carácter persoal: razón social, NIF, domicilios, código de contas bancarias e retencións. Datos de carácter económico: importes de ingresos e pagos por NIF.

e) Cesións de datos previstas: envío de datos de IRPF á AEAT e relación de transferencias ás entidades financeiras.

f) Órgano responsable do ficheiro: Cixtec.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo na rúa Domingo Fontán, 9 - 15702 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

-Nome: Sistema de Información para a Xestión Informática Tributaria (Xeito).

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestión mecanizada dos tributos da Comunidade Autónoma de Galicia incluíndo as oficinas liquidadoras de distrito hipotecario e as zonas de recadación.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: contribuíntes, tanto persoas físicas como xurídicas.

c) Procedemento de recollida de datos: a través da consignación dos datos nos impresos e formularios oficiais en soporte papel, da incorporación de datos da AEAT, das contas de debedores, de entidades colaboradoras e información sobre embargos.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal: razón social, NIF, domicilios fiscais. De carácter económico recollidos por declaración: relación e valor de bens por tipos, seguros de vida, hipotecas, vehículos, embargos e saldos de contas.

e) Cesións de datos previstas: cesión de débedas e embargos a entidades financeiras. Envío de datos en vía executiva ós servicios de recadación da Xunta e da AEAT.

Envío de datos á AEAT de documentos tributarios presentados e liquidados polos diferentes impostos.

f) Órgano responsable do ficheiro: Cixtec.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo na rúa Domingo Fontán, 9 - 15702 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel alto.

-Nome: Aplicación de Xestión de taxas, multas e sancións.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestión dos ingresos procedentes de pagamentos de taxas, de multas ou de sancións transferidas á Comunidade Autónoma.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: cidadáns en xeral que teñen que pagar calquera cargo relacionado con esta aplicación, e que realizarán un ingreso para tal fin nas entidades colaboradoras habilitadas para tal efecto.

c) Procedemento de recollida de datos: a través de transferencias en soporte dixital de datos desde as entidades bancarias encargadas que subscribiran un convenio coa Consellería de Economía e Facenda para tal fin.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal. Datos de carácter identificativo: nome, apelidos e DNI. Datos económicos: tipo de taxa e importe ingresado.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo na rúa Domingo Fontán 9-Santiago de Compostela 15702.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Catastro de rústica e urbana.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestión da información de bens de rústica e urbana para consulta.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: propietarios de predios rústicos e urbanos de Galicia.

c) Procedemento de recollida de datos: recepción da información remitida polas xerencias rexionais do catastro de Galicia.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: nome, apelidos e NIF ou razón social e enderezo. Tódolos campos incluídos nos ficheiros informáticos definidos na Resolución do 5 de abril de 1999, da Dirección Xeral do Catastro (BOE do 15 de abril) que conteñan datos obrantes nas bases de datos catastrais dos bens inmobles de natureza rústica e

urbana do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Cesións de datos previstas: á Consellería de Economía e Facenda.

f) Órgano responsable do ficheiro: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo na rúa Domingo Fontán, 9 - 15702 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

-Nome: IAE, Imposto de actividades económicas.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestión da información para consulta.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: empresas de Galicia que declaran polo IAE.

c) Procedemento de recollida de datos: a través da consignación dos datos nos impresos e formularios oficiais en soporte papel que son remitidos pola Dirección Xeral de Tributos ó Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: CIF, razón social, enderezo da empresa e enderezo tributario. Datos relativos a actividade da empresa: ano de inicio e cesamento da actividade, epígrafe, cuota, número de elementos e cantidade de elementos.

e) Cesións de datos previstas: á Consellería de Economía e Facenda e ó Instituto Galego de Estatística para a súa explotación estatística.

f) Órgano responsable do ficheiro: Cixtec.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo na rúa Domingo Fontán, 9 - 15702 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

-Nome: Xestión de usuarios de aplicacións do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestión administrativo-técnica do persoal que utiliza as aplicacións do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e contable (Cixtec).

b) Persoas e/ou colectivos afectados: calquera persoa autorizada pertencente á Xunta de Galicia ou a entidades que teñan subscritos convenios coa Consellería de Economía e Facenda para tal efecto.

c) Procedemento de recollida de datos: a través da consignación de datos nos formularios por correo electrónico ou papel.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos. Datos de carácter identificativo: nome, apelidos e DNI. Datos profesionais: consellería/entidade, servicio, cargo e teléfono.

e) Cesións de datos previstas: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: Cixtec.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no rexistro poderán exercerse ante o responsable do ficheiro, con enderezo na rúa Domingo Fontán, 9 - 15702 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

Nome: Rexistro de accesos á base de datos nacional (BDN)

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestión da información para consulta de accesos.

b) Persoas e/ou colectivos afectados: persoal que realiza consultas á base de datos nacional (BDN) e consultado.

c) Procedemento de recollida de datos: recepción da información en disquete, remitida pola AEAT.

d.1) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

d.2) Tipos de datos de carácter persoal recollidos: nome, apelidos e NIF ou razón social do persoal consultado. Datos referentes ó usuario, data e hora da consulta e razón da consulta.