Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.481

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (134/2002).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e instrucción número seis dos desta cidade e o seu partido,

Dou fe de que nos autos de xuízo de faltas número 134/2002, seguidos neste xulgado por furto, dictouse sentencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, trece de setembro de dous mil dous. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia. Vistos estes autos de xuízo verbal de faltas número 134/2002, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministeiro Fiscal, o denunciante Javier Sánchez Remeseiro e a denunciada Diana Ionela Cosma. (Seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos de dereito).

Decido que condeno a Diana Ionela Cosma, como autora dunha falta de furto, á pena de multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de tres euros e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Contra esta resolución, cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, perante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma de que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e sirva de notificación en forma á denunciada Diana Ionela Cosma, actualmente en paradoiro descoñecido, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o vintesete de decembro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado