Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.481

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (198/2002).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 198/2002 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o dezanove de setembro de dous mil dous.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de Instrucción, visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 198/2002, seguida por unha falta de ameazas, no que foron parte como denunciante Jaime Mosquera Grille e como denunciados Sergio Cancela Ces e Gustavo Pereiro González, pronunciou a seguinte sentencia:

Decido que debo absolver e absolvo a Sergio Cancela Ces e a Gustavo Pereiro González, con declaración de custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña -Sección Sexta- con sede en Santiago de Compostela, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Sergio Cancela Ces, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA