Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.480

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (167/2001).

Sagrario Campelo Seijo, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción número un de Noia, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 167/2001 se dictou sentencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Noia.

Xuízo de faltas nº 167/2001.

Sentencia. En Noia o cinco de decembro de dous mil dous.

Vista por min, Pura Caaveiro Ameneiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, en audiencia pública, esta causa de xuízo de faltas nº 167/2001 seguida por unha falta de imprudencia leve con resultado de lesións tipificada no artigo 621.3º do Código Penal, sen a intervención do Ministerio Fiscal e no que foron parte denunciante: Félix Cruz Villar, quen compareceu ó acto do xuízo asistido da letrada Sonia García; como partes denunciadas: Fernando Dios Santiago, quen compareceu ó acto do xuízo asistido do letrado Andrade, Jaime Blanco Mourelle, quen compareceu ó acto de xuízo asistido do letrado Fernández Pose, e Simón Pedro Bernárdez Martínez, quen non compareceu ó acto de xuízo pero si se acudiu á citación do edicto ó ingnorarse o seu paradoiro; como responsables civís directos: a entidade aseguradora Fiatc, S.A. que compareceu ó acto de xuízo representada polo procurador Uhía Bermúdez e asistida do letrado Andrade Figueiras, a

entidade Zurich, S.A., representada pola procuradora Gon

zález Cerviño e asistida da letrada Belén Hospido en substitución de González Fernández, a entidade Royal Insurance, S.A. representada polo procurador Gómez Castro e o letrado Castiñeiro Caamaño e a entidade Allianz Ras, representada polo procurador Salmonte Rosendo e asistida do letrado Quintela Miramontes, en substitución do letrado Pardo Montaña; e como responsables civís subsidiarios: Ponciano Nieto González, representado pola procuradora Curras Calo e asistido da letrada Fernández Pose Arnaiz e a entidade Refojo y González, S.L., de quen a representante legal non compareceu no acto do xuízo.

Decido que debo condenar e condeno a Simón Pedro Bernárdez Martínez como autor dunha falta de lesións imprudentes prevista e penada no artigo 621.3º do C.P., sen a concorrencia de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal, á pena dun mes de multa, a razón dunha cota diaria de tres euros, o que fai un total de noventa euros, que serán aboados nun só pagamento ou nos prazos que en execución se fixen, con arresto substitutorio dun día por cada dúas cotas ou fracción que deixar de aboar. Así mesmo deberá indemnizar:

1. A Félix Cruz Villar:

a) Polos días de incapacidade temporal e polas lesións permanentes, a cantidade de 4.998,71 euros (s.e.u.o.).

b) Por razón de danos materiais causados ó ciclomotor a cantidade de 74,95 euros.

c) Debendo aboar ademais a cantidade que resulte acreditada en fase de execución de sentencia por desprazamentos efectuados en taxi conforme o razoado no fundamento de dereito sétimo desta resolución.

Condénase igualmente a Simón Pedro Bernárdez Martínez ó pagamento dos xuros que prevén o artigo 576 da L.A.C.

Do pagamento da anterior suma indemnizatoria responderá directa e solidariamente a entidade aseguradora Zurich, S.A., a cal virá ademais obrigada a satisface-los xuros moratorios conforme o exposto no fundamento oitavo desta resolución.

E todo iso con expresa imposición das custas procesuais ós condenados na proporción representada nunha terceira parte.

Que debo absolver e absolvo con tódolos pronunciamentos favorables a Fernando Dios Santiago da falta de lesións imprudentes de que foi acusado, absolvendo igualmente á entidade Fiatc, S.A. como responsable civil directo e á entidade Refojo y González, S.L., en canto responsable civil subsidiario, con declaración de oficio das custas procesuais na proporción representada nunha terceira parte.

E que debo absolver e absolvo con tódolos pronunciamentos favorables a Jaime Blanco Mourelle da falta de lesións prevista e penada no artigo 621.3º

C. Penal, e absolvo igualmente a entidade Royal Sunalliance, S.A. como responsable civil directo e a Ponciano Nieto González, en canto responsable civil subsidiario, con declaración de oficio das custas procesuais na proporción representada nunha terceira parte.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña que, se é o caso, deberá ser interposto ante este mesmo xulgado, no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación, para o efecto do cal deberá presentarse, no dito prazo, escrito no que se expoñan as razóns en que se funde o recurso.

Así por esta miña sentencia, da que se levará certificación ás actuacións orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Simón Pedro Bernárdez Martínez, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia o oito de xaneiro de dous mil tres.

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA