Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.482

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

EDICTO (194/2002).

Agustín Pena López, secretario do Xulgado do Social número un en funcións do número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 194/2002 por instancia de José Antonio García Vázquez contra a empresa Revesgran, S.L. e outros sobre invalidez, nos que recaeu sentencia en data 31 de decembro de 2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que desestimando a demanda formulada por José Antonio García Vázquez, absolvo da mesma ás demandadas, Instituto Nacional de la Seguridad Social, Mutua Gallega Accidentes de Trabajo, Mutual Cyclops, Tesorería General de la Seguridad Social, Revesgran, S.L. e Construcciones Felípez, S.A.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncia-lo previamente perante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Revesgran, S.L., expido e asino este edito na Coruña, tres de xaneiro de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA