Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.466

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xaneiro de 2003 pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios para a atención e desenvolvemento do proxecto do Sistema de Información da Educación Galega (Siega).

O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por funcionarios públicos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, dispón, no seu artigo 5, que se cubrirán en réxime de comisión de servicios, por concurso de méritos específicos entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, aquelas prazas que segundo as previsións contidas no artigo 59 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral de sistemas educativos, teñan por obxecto fomenta-la investigación, favorece-las elaboracións de proxectos que inclúan innovacións curriculares, metodolóxicas, tecnolóxicas, didácticas e de organización de centros docentes.

Na súa virtude e sobre a base da autorización expresa que figura na disposición derradeira primeira dese decreto, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Convocar concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios.

Segundo.-As prazas que se ofertan neste concurso son as que figuran no anexo I desta orde.

Terceiro.-Poderán participar nesta convocatoria os funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios con destino actual na Comunidade Autónoma de Galicia, que estean en posesión do título de perfeccionamento en lingua galega.

Cuarto.-O prazo de presentación de instancias, que serán dirixidas ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, será dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-As prazas, requisitos e funcións que ten que desenvolve-lo persoal seleccionado son as que se indican no anexo I, así como aqueloutras que se poidan establecer en función do desenvolvemento das actividades dos servicios a que resulten adscritos.

Sexto.-Solicitudes e documentación.

1. Solicitudes.

a) Os interesados en participar nesta convocatoria deberán presenta-la súa solicitude mediante instancia axustada ó modelo que se publica no anexo III desta orde.

b) A instancia, así como a documentación correspondente, poderá presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais da consellería ou en calquera das dependencias que sinala o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

No caso de que se presentase a solicitude nunha oficina de correos, farase en sobre aberto, para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

2. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

a) Folla de alegación de méritos e autobaremación, axustada ó modelo que se atopará á disposición dos interesados nas delegacións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Documentación á que se refire o anexo IV desta convocatoria, para acreditar tódolos servicios e méritos alegados así como unha relación numerada, datada e asinada, dos documentos presentados seguindo a orde que aparece no citado anexo. Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente non serán tidos en conta.

c) Proxecto de traballo, referido ás funcións que ten que realizar, cunha extensión máxima de 20 folios.

Sétimo.-Comisión de selección.

1. O presente concurso será resolto por unha comisión de selección formada polos seguintes membros:

Presidente: o secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou persoa en

quen delegue, en función dos distintos postos para cubrir.

Vocais: o xefe de Área de sistemas de información e de comunicación e tres xefes de servicio ou área da Consellería de Educación.

Secretario: un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará con voz e sen voto.

Cada un dos sindicatos da mesa sectorial docente poderá nomear un representante para a asistencia ás sesións da comisión con voz e sen voto. Coa debida antelación, o nome do representante seralle comunicado ó presidente da comisión de selección.

2. A comisión poderá dispoñe-la constitución dunha subcomisión técnica especializada para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coiden pertinentes. Cada un dos sindicatos da mesa sectorial docente poderá nomear un representante para a asistencia ás sesións da subcomisión con voz e sen voto.

3. Os membros da comisión e da subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrtivo común e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), estando cualificadas na categoría primeira.

Oitavo.-Proceso de selección.

O proceso de selección constará de dúas fases. Unha primeira na que se valorarán os meritos alegados e o proxecto presentado, e unha segunda na que se poderá realizar unha entrevista ós aspirantes que superen a primeira fase.

Noveno.-Primeira fase de selección.

a) A comisión fará públicas as puntuacións provisionais asignadas a cada un dos aspirantes, como resultado da aplicación do baremo que figura no anexo II. Estas listas publicaranse nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Os aspirantes poderán presenta-las alegacións que estimen convenientes contra a lista provisional, dirixidas ó presidente da comisión de selección, no prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación, por calquera dos procedementos recollidos no punto sexto 1 b) desta orde.

c) Unha vez estudiadas e resoltas as alegacións presentadas, a comisión publicará a lista definitiva das puntuacións nos apartados de méritos e proxecto de traballo, nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo.-Segunda fase de selección.

a) Tódolos aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto poderán ser convocados pola comisión de selección á celebración dunha entrevista para mellor aprecia-las circunstancias que concorren neles, e que versará sobre o proxecto presentado.

b) Os aspirantes que non acaden unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto e de 4 puntos na entrevista, se é o caso, non poderán ser propostos pola comisión. Serán seleccionados aqueles aspirantes que obtendo as puntuacións mínimas sinaladas acaden as maiores puntuacións no total dos epígrafes contidos no baremo establecido no anexo II, para a praza que solicitan.

c) No caso de producirse empates no total de puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos epígrafes 6, 2.1, 1 e 5 do baremo.

Décimo primeiro.-Proposta de nomeamento.

1. A relación provisional dos concursantes seleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Establecerase un prazo de dez días naturais para que os interesados poidan efectua-las posibles reclamacións ou renuncias ás prazas adxudicadas provisionalmente.

2. Unha vez resoltas as reclamacións, admitidas as posibles renuncias e superado un proceso de formación por parte dos seleccionados, a comisión remitiralle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da presente convocatoria, xunto coa acta definitiva coa expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final das persoas seleccionadas con mención do posto que se adxudicará a cada unha delas.

Décimo segundo.-Resolución da convocatoria.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no DOG a resolución definitiva do concurso.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

2. Os funcionarios e funcionarias docentes que resulten seleccionados pola presente convocatoria quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2003, cesando nos seus postos con data 31 de agosto do mesmo ano, e permanecerán neles en réxime de comisión de servicios, con reserva de posto de traballo de orixe, por un período dun ano, renovable ano a ano ata un máximo de seis, establecéndose un proceso de avaliación do exercicio da súa actividade que, no caso de ser positiva, determinará a súa continuidade.

3. De non publicarse a resolución definitiva no prazo de seis meses desde esta convocatoria, as solicitudes presentadas entenderanse desestimadas.

Décimo terceiro.-Devolución da documentación presentada.

Os interesados ou os seus representantes legais poderán retira-la documentación presentada para

acredita-los méritos alegados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de trinta días pasado un mes desde a publicación no DOG da resolución definitiva do concurso.

Décimo cuarto.-Retribucións.

A efectos de retribucións, en concepto de complemento específico, os funcionarios docentes que resulten seleccionados poderán percibi-lo complemento específico que se determine, segundo o establecido no anexo VI.2º dous da Orde do 15 de xaneiro de 2003 (DOG do 21 de xaneiro), pola que se dictan

instruccións para a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 2003.

Disposición derradeira

Autorízase a Secretaría Xeral e a Dirección Xeral de Persoal para dicta-las disposicións que sexan necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Denominación

da praza

Nº de

prazas

RequirimentosDestinoFuncións

Apoio ós servicios educativos para desenvolver baixo o proxecto Siega4Amplo coñecemento de ferramentas informáticas de desenvolvemento e explotación e de sistemas informáticos e de comunicacións.Secretaría XeralAsesoramento nos servicios educativos e multimedia a ofertar cara á comunidade educativa baixo o proxecto Siega

Apoio ós centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servicios educativos segundo o proxecto Siega.6Coñecementos das tecnoloxías informáticas e de comunicacións a nivel de usuario avanzado incluíndo entre outras a capacidade de instalar e configurar equipos informáticos en rede e os seus dispositivos e periféricos.

Coñecemento de ferramentas ofimáticas incluíndo a súa instalación.

Coñecemento das ferramentas e tecnoloxías empregadas en Internet e as súas posibilidades de utilización no contorno educativo.

Secretaría Xeral (situados fisicamente en cada unha das 6 seccións dos CFR da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

A Coruña: Melide, Ponteceso, Ortigueira

Ourense: Verín

Pontevedra: Lalín, Vilagarcía de Arousa.

Soporte in situ e asesoramento na instalación, utilización dos servicios educativos a ofertar ós centros educativos baixo o proxecto Siega.

Soporte técnico in situ á infraestructura informática e de comunicacións solventando as incidencias dos centros docentes da súa zona en coordinación coa unidade de atención a centros (UAC).

Apoio e atención ós centros docentes da súa zona con relación a calquera aplicación de informática corporativa (bibliotecas, xestión económica, inventarios ...) a implantar neses centros dentro do proxecto Siega.

Asesoramento sobre as necesidades de formación do persoal dos centros docentes en relación cos servicios educativos ofertados dentro do marco do Siega.

Apoio ós contidos educativos baixo o proxecto Siega, segundo o convenio INFOXXI co MECD (7-11-2002)5Ampla experiencia na coordinación, desenvolvemento e elaboración de materias pedagóxicas, así como coñecemento das ferramentas de edición e creación de contidos web, as tecnoloxías empregadas en Internet e as súas posibilidades de emprego no ámbito educativo.Secretaría XeralRealizar accións de asesoramento e orientación sobre a implantación dos contidos educativos nas aulas. Desenvolver accións destinadas a adaptar e amplia-los contidos educativos en contorno web á realidade educativa galega. Xerar e promover novas canles de xeración de recursos educativos na rede para o ensino galego.

ANEXO II

ConceptosPuntuaciónTotal puntos

máximo

Documentos

xustificativos

1. Antigüidade:

Por cada ano de servicios efectivos prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira dun corpo docente

0,50 puntos5 puntos

2. Méritos académicos:2 puntosCopia compulsada das titulacións alegadas
2.1. Polo título de doutor 1 punto
2.2. Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñería, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes 0,5 puntos
2.3. Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura 0,25 puntos

3. Formación e perfeccionamento:6 puntosCopia compulsada da documentación alegada
3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados)Ata 2 puntos
3.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos Ata 1 punto
3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto de asesor ó que se pretende acceder Ata 3 puntos

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas:3 puntosDocumentación orixinal
4.1. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, de carácter xeral Ata 1 punto
4.2. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, relacionadas coa praza que se solicita Ata 2 puntos
(Deberán conte-lo ISBN, agás as excepcións previstas na lexislación vixente)

5. Por cada ano de servicio en postos da Administración educativa relacionados coas funcións do posto de asesor que solicita 0,20 puntos2 puntosCertificación de servicios ou nomeamento

6. Proxecto de traballo:
O proxecto de traballo, ademais dos aspectos xerais do sistema educativo e dos sinalados no punto quinto desta orde, deberán conte-los obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición á que corresponde a praza que se solicita Ata 6 puntos Ata 6 puntosOrixinal, cunha extensión máxima de 20 folios
(Puntuación mínima esixida por este punto: 4 puntos)

7. Entrevista sobre o proxecto presentado.Ata 6 puntosAta 6 puntos
(Puntuación mínima esixida por este punto: 4 puntos)

ConceptoPuntuacións

parciais

Total

1. Antigüidade (máximo 3 puntos)
Por cada ano de funcionario de carreira no corpo docente0,50

2. Méritos académicos (máximo 2 puntos).
2.1. Polo título de doutor1
2.2. Titulacións segundo ciclo0,5
2.3. Titulacións primeiro ciclo0,25

3. Formación e perfeccionamento (máximo 6 puntos).
3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas (0,10 puntos por c/10 horas)Ata 2 puntos
3.2. Por outras actividades de formaciónAta 1 punto
3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto que se solicitaAta 3 puntos

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas (máximo 3 puntos).
4.1. Por publicacións de carácter didáctico, de carácter xeral Ata 1 punto
4.2. Por publicacións de carácter didáctico relacionadas co posto que solicitaAta 2 puntos

5. Servicios relacionados co posto (máximo 2 puntos).
Por cada ano de servicio en postos da Administración educativa relacionadas coas funcións do posto que solicita0,20