Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.466

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de xaneiro de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arquivos, bibliotecas e museos.

Advertido erro no anexo da devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 25, do 5 de febreiro, cómpre face-la seguinte rectificación:

Na páxina 1.307, na especialidade de arquivos, en promoción interna, onde di: «García Miraz, Mª del Carmen», debe dicir: «García Miraz, Mª del Mar».