A Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003 establece no seu artigo 43 unha modificación do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, na súa regulación do prazo mínimo para a presentación de solicitudes de axudas e subvencións públicas, ampliándoo de 20 días hábiles a 40 días hábiles.
Como queira que a orde que se modifica foi publicada con anterioridade á entrada en vigor da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, ó terse tramitado en réxime anticipado, require a súa adaptación ós anteriores mandatos legais.
Para cumprir este mandato e unha vez obtidos os preceptivos informes,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Modifícase o epígrafe 1º do artigo 6 correspondente ó prazo de presentación de solicitudes, quedando redactado como segue:
«O prazo para a presentación de solicitudes será o comprendido entre o día 9 de xaneiro de 2003 e o 24 de febreiro de 2003».
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2003.
Aurora Montes Santa-Olalla
Directora xeral do Servicio Galego de Promoción
da Igualdade do Home e da Muller
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA