Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.465

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2003 pola que se modifica a do 30 de decembro de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres naquelas profesións ligadas a sectores e actividades considerados prioritarios en Galicia e se procede á súa convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia número 5, do 9 de xaneiro de 2003.

A Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003 establece no seu artigo 43 unha modificación do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, na súa regulación do prazo mínimo para a presentación de solicitudes de axudas e subvencións públicas, ampliándoo de 20 días hábiles a 40 días hábiles.

Como queira que a orde que se modifica foi publicada con anterioridade á entrada en vigor da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, ó terse tramitado en réxime anticipado, require a súa adaptación ós anteriores mandatos legais.

Para cumprir este mandato e unha vez obtidos os preceptivos informes,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o epígrafe 1º do artigo 11 correspondente ó prazo de presentación de solicitudes, quedando redactado como segue:

«O prazo para a presentación de solicitudes será o comprendido entre o día 10 de xaneiro de 2003 e o 25 de febreiro de 2003».

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2003.

Aurora Montes Santa-Olalla

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción

da Igualdade do Home e da Muller