Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de ordenación da área de servicio de San Caetano.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 26 de xullo de 2002, aprobou definitivamente o Plan especial de ordenación da área de servicio de San Caetano, promovido por Galuresa e Restaurantes MC Donald's, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 13, o día 17 de xaneiro de 2003, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde