Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da segunda modificación puntual do Plan Especial de Ordenación do Porto de Vigo (expediente 7953/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 16 de xaneiro de 2003, adoptou entre outros o acordo de aprobar inicialmente a segunda modificación puntual do Plan Especial de Ordenación do Porto de Vigo (expediente 7953/411), segundo a documentación presentada pola autoridade portuaria, redactada e asinada polo enxeñeiro director do Porto de Vigo Luis Lara Rubido e pola xefa da División de Planificación Beatriz Colunga Fidalgo.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no DOG, e en dous xornais de maior difusión da provincia, debendo publicarse o anuncio, neste último caso, en dous días consecutivos. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as, que por resultaren descoñecidos ou por ignora-lo seu domicilio, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Vigo, 27 de xaneiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO

DA CORUÑA