Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, en sesión do 2 de decembro de 2002, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 6-7 das Fontiñas, presentado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa), e redactado pola empresa: U.T.E. Proyfe, S.L.-Oficina de Planeamiento, S.A.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2003.

Luis Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo