Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2002 pola que se nomean funcionarios de carreira.

Vista a proposta formulada polo tribunal cualificador das probas selectivas realizadas para prover en propiedade as seguintes prazas:

1. Unha praza da escala de Administración xeral, subescala administrativa, promoción interna a través de concurso-oposición.

2. Unha praza da escala de Administración xeral, subescala administrativa, acceso libre a través de concurso-oposición.

3. Unha praza da escala de Administración, subescala de auxiliar administrativa, promoción interna a través de concurso-oposición.

Vista a oferta de emprego público inserida no BOE nº 89 do 13 de abril e bases aprobadas por resolución da alcaldía do 10 de maio de 2002 e publicadas no BOP nº 120, do 28 de maio (corrección de erros BOP nº 137, do 17 de xuño) e verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria.

De conformidade co preceptuado no artigo 7 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos ós que se teñen que axusta-lo procedemento de selección dos funcionarios de Administración local.

Por medio desta resolución,

RESOLVO:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira das escalas e subescalas que se citan os aspirantes aprobados que se citan no anexo desta resolución.

Segundo.-Notificar ós interesados que para adquiri-la condición de funcionarios de carreira das respectivas escalas e subescalas deberán prestar xuramento ou promesa, de conformidade co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril e tomar posesión do seu destino no prazo de trinta días hábiles contados a partir do seguinte ó da notificación desta resolución.

Terceiro.-Dar conta desta resolución ó Pleno da Corporación na primeira sesión que este realice, de acordo co disposto no artigo 42 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, do 28 de novembro de 1986.

O que resolvo e asino, perante min, o secretario en comisión circunstancial de servicios en Padrón o 13 de decembro de 2002.

Juan M. Salgueiro del Valle

Secretario

ANEXO

Nome e apelidosDNIPrazaEscala e subescala

María Dolores Vázquez González33256138-RAdministrativaEscala de Administración xeral, subescala administrativa

Francisco Chenlo González33287422-MAdministrativoEscala de Administración xeral, subescala administrativa

Ramón Tarrío Alcalde33273178-KAuxiliar adminis

trativo

Escala de Administra

ción xeral, subescala administrativa