Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obra.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por poxa da obra que a seguir se relaciona, incluída no Plan adicional 1/2002 ó Plan XXI de infraestructuras locais de transporte e de travesías municipais 2002:

-Pavimentación do camiño de Aldea de Arriba e outros do concello de Cambre, ano 2002: orzamento: 61.939,52 euros, IVE incluído.

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 24, do 30 de xaneiro do ano no que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no Departamento de Secretaría, no primeiro andar da casa do concello.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de vinteseis días naturais con

tados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 30 de xaneiro de 2003.

P.D. (Resolución Alcaldía 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente de alcalde