Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para o arrendamento de ordenadores persoais, impresoras, teclados con lector de banda magnética, así como software de base.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: S-7/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: arrendamento de ordenadores persoais, impresoras, teclados con lector de banda magnética, así como software de base.

b) Número de unidades que se van entregar: ver punto 2 do prego de prescricións técnicas particulares.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega: en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución: 36 meses, contados desde a recepción do primeiro equipamento. O período de arrendamento de cada ben será de 24 meses, contados desde a súa recepción de conformidade.

f) Prazo de entrega: máximo de 10 días naturais, contados desde a recepción da petición.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: un millón oitocentos vinteseis mil setecentos setenta euros con cincuenta e seis céntimos (1.826.770,56 A).

5. Garantía provisional: equivalente ó 2% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio Galego de Saúde.

b) Domicilio: edf. adtvo. San Lázaro s/n, 2ª plta.

c) Localidade e código postal: 15871 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 36 18.

e) Telefax: 981 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 17-3-2003.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 17-3-2003.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicio Galego de Saúde (ver punto 6).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contando desde a data de apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: ás 9 horas do sétimo día natural, contado desde o día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas, na sala 2-2 do edificio administrativo de San Lázaro (ver punto 6).

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo destes gastos ascende a tres mil quinientos cincuenta euros (3.550 A).

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 22-1-2003.

13. Páxina web onde obtener información relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2002.

P.D. (D. 45/2002 do 8-2-2002)

Antonio Fdez-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos