Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador C-87/2002 en materia de caza de Galicia, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción á Lei 4/1997, de caza de Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

O pagamento voluntario poñerá fin ó expediente. De non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 9 de decembro de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: C-87/2002.

Denunciado: Miguel Paredes Méndez.

DNI: 76577472-R.

Enderezo: avda. Terra Chá, nº 23-25-1º, Vilalba (Lugo).

Feito denunciado: practica-lo deporte da caza con dous cans sen acreditar que dispoñen de cartilla sanitaria. Feitos constatados o día 27-10-2002, ás 12.30 h en Lousada, Xermade (Lugo).

Precepto sancionador: artigo 57.35º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 60,10 euros.