Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente P-164/2002, incoado por infracción á Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta da Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou en Caixanova Recaudación Xunta: modelo XTAX. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-baixo 2º.

Lugo, 4 de decembro de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente.: P-164/2002.

Denunciado: Javier Mariz González.

DNI: 34193347-Y.

Enderezo: Pidre. Palas de Rei (Lugo).

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial nun tramo acoutado sen estar en posesión do permiso regulamentario. Feitos constatados o día 3-8-2002, ás 20.30 horas, no río Ulla, couto de Monterroso. A Ponte, Mercé (Lugo).

Precepto sancionador: 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción.: 300,51 euros.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para a práctica deste deporte por un período dun ano.