Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos dos servicios de limpeza dos locais que se citan.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións

públicas, faise pública a adxudicación dos seguintes contratos de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expedientes: 39, 40, 41/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios de limpeza.

b) División por lotes e número: 3 lotes.

Lote nº 1: Expte. 39/2002, servicio de limpeza dos locais da delegación provincial.

Lote nº 2: Expte. 40/2002, servicio de limpeza das dependencias do centro nacional de formación ocupacional de Santiago de Compostela.

Lote nº 3: Expte. 41/2002, servicio de limpeza das dependencias do centro de formación ocupacional de Ferrol.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 225, do 21 de novembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importes totais:

Expediente 39/2002: 47.000 euros.

Expediente 40/2002: 63.100 euros.

Expediente 41/2002: 42.100 euros.

5. Adxudicación:

Expediente 39/2002: 46.033,44 euros.

Expediente 40/2002: 61.206,24 euros.

Expediente 41/2002: 41.758,06 euros.

a) Data: 30 de decembro de 2002.

b) Contratistas:

Expte. 39 e 40/2002 (lotes nº 1 e 2) - Limpiezas del Noroeste, S.A. (Linorsa).

Expte. 41/2002 (lote nº 3) - Limpiezas Novoa, S.A.

c) Nacionalidade: española.

A Coruña, 27 de decembro de 2002.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña