Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T. e enlace de R.B.T. en San Martiño de Pacios.
Situación: Begonte.
Características técnicas: L.M.T. a 20 kV con 17 m de lonxitude, conductor tipo LA-56, con orixe en L.M.T. Vilalba-Guitiriz e final en C.T. de San Martiño de Pacios. C.T.A. de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/580-220. R.B.T.A. con 200 m de lonxitude e conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 18 de decembro de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo