Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/185-2, 5970 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. e C.T. en rúa Guitiriz.

Situación: Vilalba.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, cunha lonxitude de 42 m, conductor tipo R.H.Z., con orixe nunha arqueta da L.M.T.S. existente e final en C.T. proxectado rúa Guitiriz. C.T. de 630 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T.S. de 12 m de lonxitude e conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 18 de decembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo