Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación na Torre.
Situación: Guitiriz.
Características técnicas: L.M.T.A. a 20 kV, con 8 m de lonxitude, conductor tipo LA-56 m con orixe en L.M.T. a C.T. da Torre e final en C.T. da Torre. C.T. de 160 kVA de potencia e relación de transformación de 20.000/380-220 V. R.B.T. con 1.700 m de lonxitude e conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 18 de decembro de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo