Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/189-2, 5938 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: telemando de centros de transformación Covas (Viveiro).

Situación: Viveiro.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, con 365 m de lonxitude, conductor tipo D.H.Z.1, con orixe no C.T. As Congostras e final no C.T. Pardo Peder. L.M.T.S. a 20 kV, con 340 m de lonxitude, conductor tipo D.H.Z.1, con orixe no C.T. Pardo Pedre e final no C.T. Caprami. L.M.T.S. a 20 kV, con 362 m de lonxitude, conductor tipo D.H.Z.1, con orixe no C.T. S. Misericordia e final no C.T. polideportivo. L.M.T.S. a 20 kV, con 460 m de lonxitude, conductor tipo D.H.Z.1, con orixe no C.T. polideportivo e final no C.T. Montemar. L.M.T.S. a 20 kV, con 1.122 m de lonxitude, conductor tipo D.H.Z.1, con orixe no C.T. adosados Paraíso e final no C.T. Cantábrico. 3 C.T. de 400 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de decembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo