Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.416

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003 pola que se resolve definitivamente o procedemento para cambio de destinos e reingresos a resultas del por profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias para extinguir.

Resoltas as reclamacións e renuncias producidas á resolución provisional e de conformidade coa base décima da Orde do 20 de outubro de 2002 pola que se anunciou o procedemento para cambio de destinos e reingresos a resultas del por profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias para extinguir, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicar destino definitivo ós profesores que figuran no anexo desta resolución, nos centros que alí se especifican.

Segundo.-Os profesores participantes neste procedemento para cambio de destinos e reingresos que presentansen documentación poderán retirala eles mesmos ou por medio de persoa autorizada no servicio de profesorado de ensinanzas secundaria e especiais desta consellería (San Caetano, Santiago de Compostela) despois de transcorrido un mes desde a publicación desta resolución no DOG.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no DOG segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

ANEXO

Adxudicación definitiva

Apelidos e nomeDNIPraza adxudicadaPuntosD. pref.

Guiomar de Salvador

González, Mª Rita

3444585234IES O Couto-Ourense8,8Non