Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.416

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003 pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, para cubriren prazas na Escola de Restauración e Bens Culturais de Pontevedra.

Resoltas as reclamacións e renuncias producidas e de conformidade coa base décima da Orde do 10 de outubro de 2002, pola que se convocou concursos de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, para cubriren prazas na Escola de Restauración e Bens Culturais de Pontevedra, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicar destino definitivo ós profesores que figuran no anexo desta resolución, nos centros que alí se especifican.

Segundo.-Os profesores participantes neste procedemento para cambio de destinos e reingresos que presentansen documentación poderán retirala eles mesmos ou por medio de persoa autorizada no servicio de profesorado de ensinanzas secundaria e especiais desta consellería (San Caetano, Santiago de Compostela) despois de transcorrido un mes desde a publicación desta resolución no DOG.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no DOG segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

ANEXO

Adxudicación definitiva da escola de restauración

Apelidos e nomeDNIPraza adxudicadaPuntos

Lorenzo Sueiro, Adelaida33212645Bioloxía/física177,5

Sobral Iglesias, Antonio35275275Historia da arte171,29

Quinteiro Alonso, José Antonio33266655Procedementos artísticos138,7

Hermo Sánchez, Carmen35316694Procedementos artísticos127,65

Villarquide Jevenois, Ana32759735Restauración e técnicas

pictóricas

134,25

Fernández Caamaño, Rosa Mª33212573Restauración de obras

escultóricas

128,5