Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.415

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 31 de xaneiro de 2003, o tribunal designado pola Orde do 23 de abril

de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001, acordou, que o cuarto exercicio da fase de oposición (resolución dun caso práctico) se realizará o día 15 de febreiro de 2003, na aula 24 da Facultade de Económicas, situada na avda. Xoán XXIII, s/n, de Santiago de Compostela, en chamamento único, que comezará ás 11 horas.

De conformidade coas bases II.1.2, e II.1.1.d) da convocatoria, os aspirantes deberán presentarse para a realización do exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal, así como de bolígrafo ou pluma. Por outra banda, para a realización deste exercicio os opositores poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluídos os libros de consulta.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2003.

Antonio Rodríguez Álvarez

Presidente do tribunal