Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.415

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de xaneiro de 2003 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os funcionarios que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 5 de xuño de 2000 para o acceso ós distintos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na publicación dos anexos da orde que se cita, cómpre face-las seguintes correccións:

-No anexo I (oferta vacantes grupo A), na páxina 1.310, no posto nº 20, na columna de requisitos, debe engadirse: «Licenciado en económicas». Na páxina 1.311, no posto nº 73, na columna de requisitos, debe suprimirse o requisito de titulación: «Licenciado en dereito».

-No anexo IV (oferta vacantes grupo D), na páxina 1.315, no posto nº 168, na columna de notas, debe figurar: «Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura».

-No anexo V (oferta vacantes grupo E), páxina 1.323, debe suprimirse o posto nº 61, código ED.C99.40.306.15350.006 e na mesma páxina, posto nº 103, na columna de observacións, debe suprimirse: «xornada partida».