Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.404

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 28 de xaneiro de 2003 pola que se modifica a do 14 de novembro de 2002 pola que se procede á convocatoria para o ano 2003 das axudas para o fomento da innovación empresarial e prestación de servicios no sector da minería na Comunidade Autónoma galega, en réxime de concorrencia competitiva, de acordo coas bases regulamentarias establecidas no anexo I da Orde do 11 de marzo de 2002 publicada no Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo.

A Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003 establece no seu artigo 43 unha modificación do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, na súa regulación do prazo mínimo para a presentación de solicitudes de axudas e subvencións públicas, ampliándoo de 20 días hábiles a 40 días hábiles.

Así mesmo o citado artigo establece que as ordes de axudas e subvencións manteñan un escrupuloso respecto ó disposto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no que se refire á presentación de documentos que obran en poder da Xunta de Galicia.

Como queira que a orde que se modifica foi publicada con anterioridade á entrada en vigor da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, ó terse tramitado en réxime anticipado, requeire a súa adaptación ós anteriores mandatos legais.

Para cumprir este mandato e unha vez obtidos preceptivos informes,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Modifícase o primeiro parágrafo do artigo 5 correspondente a solicitudes, prazo de presentación e documentación, quedando redactado como segue:

O prazo para a presentación das solicitudes será o comprendido entre o día 2 de xaneiro de 2003 e o 21 de febreiro de 2003.

Artigo segundo.-Modifícase o devandito artigo 5 correspondente a solicitudes, prazo de presentación e documentación, ó que se lle engade o seguinte punto:

Non será necesaria a presentación de todos aqueles documentos que consten en poder da Xunta de Galicia, debendo indica-lo solicitante, co obxecto da súa

rápida localización, a unidade administrativa en que se encontran.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, de Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO