Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

1. Entidade adxudicadora: o Concello de Ferrol por acordo plenario con data do 30-1-2003 aprobou a licitación pública da concesión sobre o dominio público para a instalación, conservación e explotación no termo municipal de Ferrol de soportes de información marquesiñas para paradas de autobús e demais elementos urbanos de interese e uso público. A dependencia que tramita o expediente administrativo é o Negociado de Patrimonio.

Número de expediente: 003-03.

Prazo de execución: 4 meses.

2. Obxecto do contrato: o obxecto do presente concurso é a adxudicación da concesión do deseño, instalación, conservación e explotación de marquesiñas, soportes de información e publicitarios, e demais elementos urbanos de interese e uso público, no termo municipal de Ferrol, abarcando tanto a zona urbana como a rural. Este contrato califícase como concesión sobre o dominio público nos termos da cláusula 19 do presente prego.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: o licitador ofertará ó concello unha contribución económica anual unitaria por cada metro cadrado de superficie publicitaria ou fracción de explotación.

5. Garantía provisional: 2.373,22 A.

6. Obtención de documentos e información: Negociado de Patrimonio do Concello de Ferrol, praza de Armas s/n 15071 (Ferrol). Teléfono: 981 33 67 06. Fax: 981 35 41 22. A documentación e información poderase obter ata o último día hábil para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios referidos no artigo 16 do Real decreto legislativo 2/2000.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación: a presentación de plicas poderá facerse durante o prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio nos diarios oficiais.

Documentación que hai que presentar:

Sobre A), Documentación administrativa.

A) Documento acreditativo da capacidade das empresas.

A.1.) Personas físicas: fotocopia do DNI e NIF debidamente compulsados.

A.2.) Persoas xurídicas:

-Escritura de constitución e modificación, se é o caso, inscritas no Rexistro Mercantil, cando este requisito fora esixible conforme a lexislación mercantil que lle sexa aplicable.

-Se non fose: escritura ou documento de constitución, de modificación, estatutos ou acto fundacional, no que conste as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro Oficial.

-Fotocopia da tarxeta de código de identificación fiscal (CIF) debidamente compulsada.

B) Poder e verificación de suficiencia:

Cando o licitador non actúe en nome propio ou se trate de sociedade ou persoa xurídica deberá acompañar poder notarial para representar á persoa ou entidade. O poder deberá verificarse na súa suficiencia polo secretario xeral da Corporación ou funcionario habilitado.

Así mesmo acompañarase fotocopia compulsada do documento nacional de identidade do apoderado ou apoderada.

C) Proba de non atoparse incursa en prohibición para contratar coa Administración.

Poderá realizarse por calquera destes medios:

-Mediante testemuña xudicial ou certificación administrativa.

-Declaración responsable outorgada perante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo oficial cualificado, de non estar incurso o licitador en ningunha das prohibicións para contratar establecidas no artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000.

D) Alta no IAE (imposto de actividades económicas) e último recibo de pagamento: fotocopia compulsada da alta e do último recibo do IAE, con indicación do epígrafe ou epígrafes correspondentes e clase (municipal, provincial ou nacional), este último requisito (recibo) non será esixible cando a alta sexa recente e non xurdirse aínda a obriga de pagamento.

E) Certificación acreditativa de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social: certificación ou documento acreditativo de que o contratista se atopa ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social. Non obstante, os licitadores poderán presentar unha declaración responsable na que se faga constar que a empresa se atopa ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, sen prexuízo de que durante o prazo de presentación soliciten coa maior urxencia a correspondente certificación da Administración tributaria e da Seguridade Social, co obxecto de podela presentar no prazo máximo de 5 días hábiles, a que se refire o artigo 79.2b do Real decreto lexislativo 2/2000.

F) Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

G) Solvencia técnica: acreditarase mediante unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados destes.

H) Garantía provisional.

Sobre B) Oferta económica.

Recollerase a oferta económica co seguinte teor:

D....., maior de idade, con enderezo en....., DNI nº..... en nome propio (ou representación de....., como acredita por)..... enterado da convocatoria do concurso para a adxudicación da concesión para a contratación da instalación, conservación e explotación no termo municipal de Ferrol de soportes de información, marquesiñas para paradas de autobús e demais elementos urbanos de interese público; e nos termos dos pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexen o dito contrato, presenta oferta atendendo á memoria que se xunta.

(Acompañarase o dito sobre dunha memoria, ordenada na que se reflictan os seguintes elementos):

b) Mellor solución técnica referida á calidade do deseño, materiais empregados e características funcionais e versátiles dos tipos e modelos de mobiliario presentados en relación con:

-A estética do deseño e facilidade de integración no contorno e a paisaxe urbana e rural no que se van instalar.

-A funcionalidade dos mobiliarios en canto ó servicio achegado, integración dos diferentes elementos entre si e con outros xa instalados, de xeito que se minimice a ocupación da vía pública.

-As características constructivas e calidade dos materiais utilizados na fabricación que permitan unha mellor presentación, menor deterioración e mellor mantemento.

Propostas adicionais e compromisos do licitador orientados a amplia-las prestacións de uso e interese público, mellorando as esixencias mínimas establecidas no presente prego.

h) Melloras no plan de limpeza, mantemento, conservación, inspección, así como dotación no termo municipal de Ferrol de medios humanos, materiais e técnicos afectados ó cumprimento do contrato.

i) A maior superficie destinada a información de uso exclusivo municipal.

j) A facilidade para utiliza-la rede de soportes e calquera outro tipo de medios de comunicación que a empresa adxudicataria teña en cidades galegas, outras cidades estatais e internacionais para a realización de campañas municipais.

k) O menor prazo de instalación proposto.

l) Mellor oferta económica sobre a canon recollido no punto 7 do prego de cláusulas técnicas, atribuíndose a máxima puntuación á maior oferta e proporcionalmente ó resto.

Lugar, data e sinatura.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Ferrol das 9 ás 13.30 horas, plaza de Armas s/n, Ferrol C.P. 15071.

Prazo que lo licitador está obrigado a mante-la súa oferta (concurso). Tres meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas: nas dependencias do concello nos termos que se sinalarán.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 31 de xaneiro de 2003.

Xaime Bello Costa

Alcalde