Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria do día 2-12-2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes e reaxuste de aliñacións na unidade de actuación CS-17 (rúa Rei Don García) do PXOU vixente, promovido por Construcciones Pedrouzo, S.L.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1987, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, porase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 5 de decembro de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de área