Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG 9/2002).

O Pleno do concello, en sesión realizada o 16 de decembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual ó Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito das Xubias, redactada de oficio polos técnicos municipais.

Segundo.-Considerar interesados no procedemento administrativo a cantos particulares se constitúan e parte ata a data no procedemento administrativo MPG 9/2002.

Terceiro.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

Cuarto.-Notificarlles este acordo ós interesados no procedemento administrativo MPG 9/2002.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sita na rúa do Parque, sen número, en horario laboral de 12 a 13.30 horas, de luns a venres.

A Coruña, 18 de decembro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo