Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 9/2002).

O Pleno do concello, en sesión realizada o día 9 de decembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle en vistas á futura construcción do centro parroquial na praza da Tolerancia, promovido pola parroquia de San Pío X e San Roque, suxeito á condición de que se presenten cinco novos exemplares do documento que se propón para aprobación definitiva nos que se suprima o seguinte parágrafo da memoria:

«O soar onde se realizaría o edificio é propiedade municipal nestes momentos. Polas negociacións que houbo entre a parroquia de San Pío X e San Roque e o Concello da Coruña, exise a posibilidade de que este soar pase a ser propiedade da parroquia, condición necesaria para poder formularse a construcción do centro parroquial».

Segundo.-Desestima-la alegación formulada ó estudio de detalle por María Luisa Clara Montoro Díaz e outros ó non constituí-la atribución da titularidade obxecto dun estudio de detalle.

Terceiro.-Declarar interesados no expediente admi-

nistrativo creado para a tramitación do estudio de detalle a María Luisa Clara Montoro Díaz e outros (expediente EDD 9/2002).

Cuarto.-Notifica-la aprobación definitiva a cantos interesados se constitúan en parte no procedemento (promotor do documento, María Luisa Clara Montoro Díaz e outros, na súa condición de alegantes, e Escola Náutica).

Quinto.-Unha vez que se suprimise o parágrafo da memoria no que se atribúe a titularidade do soar sobre o que se asenta o estudio de detalle ó Concello da Coruña, publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP e comunica-la aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente,

todo iso para facer efectivo o previsto no artigo 48 LSG.

Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo, no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación ou, noutro caso, o de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes, desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 17 de decembro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo