Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por Decreto de Alcaldía con data do 23-1-2003, aprobouse o prego tipo de cláusulas administrativas particulares que haberá de rexer para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto urxente, da subministración proxecto de sinalización en Carballo, 1ª fase, o cal se expón ó público por prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación aprazarase, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Prazo de entrega: 2 meses.

Importe de licitación: 59.717,14 A.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 13.30 horas do sexto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentarase no rexistro xeral da corporación en horario de 9 a 14 horas, sábados de 9 a 13 horas, dentro do prazo

de trece (13) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de concurso no DOG ou BOP.

Documentación: presentaranse en 2 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 24 de xaneiro de 2003.

Manuel Varela Rey

Alcalde