Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo trámite de urxencia, sistema de concurso público e procedemento aberto, mediante expediente anticipado de gasto, das obras de ampliación do centro de saúde Valmiñor-Nigrán (Pontevedra).

-Obra: ampliación do centro de saúde Valmiñor-Nigrán (Pontevedra).

-Orzamento da contrata: 2.388.960,09 A.

-Prazo de execución: 27 meses.

-Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría e.

-Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

-Forma de tramitación: urxente.

-Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Investimentos (Tórculo, pza. Mazarelos, 14-baixo, teléfono 981 58 54 55) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica:

Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 5.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 5.4 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 5.4 do prego de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación:

Os definidos na cláusula 6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.

P.D. (Decreto 45/2002, do 8 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos