Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/365).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Cabalar, S.L.

Domicilio social: Lugar de Arnoso, 1, A Capela.

Denominación: C.T. de 160 kVA As Felgueiras.

Situación: A Capela.

Características técnicas: centro de seccionamento e transformación sito no lugar das Felgueiras, intercalado entre os apoios 44 e 45 da L.M.T. O Barreiro-Goente, trafo de 160 kVA a 15/20+-2,5-5%/0,420. Concello da Capela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e

presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de decembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña