Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de
decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra de Cabalar, S.L.
Domicilio social: Lugar de Arnoso, 1, A Capela.
Denominación: C.T. de 160 kVA A Grúa-Cabalar.
Situación: A Capela.
Características técnicas: centro de transformación prefabricado tipo pé de poste cun transformador de 160 kVA a 15/20 kV 0,420 kV e dúas saídas de baixa tensión na Grúa. Concello da Capela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 27 de decembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña