Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.
Domicilio social: Miraflores, 20-B, Santa Comba.
Denominación: L.M.T.S. Santa Cataliña-Grupo Escolar.
Situación: Santa Comba.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 1.110 m en conductor R.H.Z.1 de 150 mm
Al, que enlaza o centro de seccionamento Sta. Cataliña co C.T. escolar. Santa Comba.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 20 de decembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña