Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Xoves, 06 de febreiro de 2003 Páx. 1.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/198-2, 5779 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: peche de circuítos Fornea-Vilar.

Situación: Trabada.

Características técnicas: L.M.T. aérea con orixe na L.M.T. a C.T. de Fornea e remate na L.M.T. a C.T. de Vilar de 3.209 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón en conductor LA-110. L.M.T. aérea con orixe na L.M.T. Fornea Vilar e remate no C.T. proxectado de Fornea a 16 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. L.M.T. aérea con orixe na L.M.T. Fornea-Vilar e remate no C.T. proxectado de Vilar de 12 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. C.T. aéreo de intemperie de Fornea de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. aéreo de intemperie de Vilar de 160 KVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. Enlace do C.T. proxectado de Fornea coa R.B.T aérea existente de Fornea de 100 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. enlace do C.T. proxectado de Vilar coa R.B.T. aérea existente de Vilar de 90 m de lonxitude a 380-220 V sobre apoios de formigón

en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 14 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo